Taxas na matrícula oficial

Taxas na matrícula oficial

 

Como pagar as taxas en liña (Na oficina virtual tributaria) 

 

 

Apertura expediente

Servizos xerais

Docencia por cada idioma 

Total matrícula oficial 

1 idioma

2 idiomas

1) ALUMNADO ORDINARIO  NOVO 

22€

13€

92€

127 €

219€

2) ALUMNADO ORDINARIO  ANTIGO 

0€

13€

92€

105 €

197€

3) ALUMNADO
ORDINARIO (que xa está
matriculado nun idioma
e quere matricularse

nun idioma adicional)

0€

0€

92€

92 €

184€

Apertura de expediente: 22€ à(só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia. Págase só unha vez)

Servizos Xerais: 13€ (Págase anualmente, pero só unha vez ao ano)

 

 

Códigos de pagamento

*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Consellería de Cultura, Educación e O.U.

07

Delegación de Lugo

20

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 

350800

 

Exencións e descontos: 

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.

  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.

  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)

  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%

  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%

  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%