Taxas da matrícula para a proba de clasificación

Taxas da matrícula para a proba de clasificación

 

 As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

Como pagar as taxas en liña (Na oficina virtual tributaria) 

 

 

Inscrición na proba de clasificación 
(por cada idioma)

ALUMNADO NOVO OU NON MATRICULADO NA EOI NOS DOUS CURSOS ANTERIORES 

17€

 

Códigos de pagamento

*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades de Formación Profesional 

07

Delegación de Lugo

20

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 

350800

 

Exencións e descontos: 

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.

  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.

  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)

  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%

  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%

  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%