O alumnado de novo acceso debe facer unha preinscrición previa antes de formalizar a súa matricula nos prazos establecidos:
Que se entende por alumnado de novo acceso?
Alumnado novo na EOI:
-que se matricula no primeiro curso de calquera idioma.
-que ten titulacións doutros organismos certificadores que lle da acceso a un nivel diferente de A1/A2.
-que fixo a proba de clasificación.
-que aprobou este ano algún nivel pola convocatoria libre e agora quere continuar os seus estudos.
Alumnado que xa estivo na EOI:
-que estivo matriculado o curso pasado e que presentou renuncia á matricula.
-que estivera matriculado noutra EOI de Galicia o curso pasado e pida traslado.
-que xa cursou con anterioridade ao curso pasado algún idioma nunha EOI de Galicia.