Procedemento de matriculación sen preinscrición. Alumnado que continua os seus estudos.

Alumnado oficial matriculado no curso 2023/24 que continua os seus estudos no mesmo idioma na mesma EOI

 

 a) Acceso ao sistema. 

O acceso á matriculación en liña realizarase desde a plataforma Centrosnet no enderezo que cada centro ten asignado. Habilitarase tamén unha entrada xenérica para que se poida acceder a calquera centro desde unha mesma ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta 

b) Identificación do alumnado. 

O alumnado oficial do curso 2023/24 xa ten acceso a Centrosnet, polo que accederá á aplicación de matrícula utilizando o usuario e o contrasinal que posúe (en caso de dúbida, consulte coa escola)

c) Reserva da praza de matrícula. 

Ao entrar na aplicación, o alumnado accederá a unha pantalla con información acerca do curso en que lle corresponde matricularse e poderá elixir un grupo dos que se lle oferten. Esta oferta de grupos poderá verse na pantalla a que accede a/o solicitante. 

d) Confirmación de matrícula. 

Unha vez confirmada pola/o alumna/o, a selección do grupo en que se matricula non poderá ser modificada nin anulada. Ao confirmar a matrícula, o sistema xerará un xustificante onde se indicará o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora en que se grava a súa solicitude. A/o alumna/o recibirá información dos prezos públicos correspondentes para que poida efectuar o pagamento na entidade bancaria ou polos procedementos establecidos nesta resolución. Ata ese momento a praza estará reservada e pendente de formalización. A formalización de matrícula realizarase desde a mesma aplicación que se utiliza na matriculación oficial, segundo se dispón a continuación.

 

Procedemento de matriculación: Formalización

O alumnado oficial matriculado no curso 2023/24 e que realizou reserva de praza terán que formalizar a matrícula aboando os prezos públicos e presentando a documentación precisa, como se indica na resolución de matrícula. 

Presentación de documentos.

 A documentación presentarase desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/ xunta, dentro dos prazos establecidos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

Formalización da matrícula. 

Como pagar as taxas en liña ↩                                              
Códigos de pagamento ↩                                              

Unha vez efectuado o pagamento dos prezos públicos, a/o solicitante deberá presentar o xustificante da reserva de matrícula e o xustificante de que efectuou o pagamento dos prezos públicos correspondentes na entidade bancaria (ou do pagamento telemático, de ser o caso), ademais do resto da documentación requirida nesta resolución. Despois de que a/o alumna/o presente a documentación, recibirá un correo electrónico do centro coa confirmación da súa matrícula. 

O pagamento da matrícula deberá efectuarse nos prazos establecidos, e calquera pagamento efectuado fóra de prazo implicará a anulación da praza reservada, sen que a/o alumna/o teña dereito á devolución dos importes aboados. A/o alumna/o deberá presentar o xustificante do pagamento dentro do prazo de matrícula indicado. De ter pagado os prezos públicos pero non ter presentado o xustificante, a reserva de praza tamén quedará anulada. 

Tras finalizar cada prazo de matrícula, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán anuladas e, polo tanto, liberadas para o seguinte prazo de matriculación ou listaxe de espera, e a/o solicitante perderá calquera dereito sobre a reserva da súa praza. Se a/o solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación de matrícula, dentro dos prazos establecidos na resolución de matrícula. 

Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.

 


Volver a Preinscrición e matrícula