Solicitude de devolución de taxas

Solicitude de devolución de taxas

 

Poderase solicitar a devolución de taxas cando se de algunha das seguintes situacións: 

  • Por causas imputables ao centro (peche de grupos ou modificación por parte do centro do horario no que se formalizou a matricula)
  • Concesión dunha bolsa para os estudos de idiomas 

Non se ten dereito á devolución de taxas nos seguintes casos:

  • Cando o alumnado renuncia ou anula a matrícula.
  • Cando o alumnado non poida asistir a clase por motivos imputables ao administrado e alleas ao centro.
  • Se os beneficiarios de familia numerosa non o acreditan no momento de formalizar a matrícula.
  • Se o persoal docente da Consellería de Educación non o acredita debidamente no momento de formalizar a matrícula.

A documentación que debe entregar na oficina administrativa da EOI de Lugo nestes dous casos nos que procede a devolución de taxas é:

  • Impreso de solicitude de devolución 
  • Fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo de identidade recoñecido en dereito.
  • Certificado da conta bancaria da que sexa titular o alumno solicitante (se é menor, debe acreditalo co libro de familia) onde a Consellería de Facenda lle realizará a devolución, no caso de que proceda.
  • Copia do/s documento/s de pago. (modelo 730, AI ou modelo de liquidación de taxas)
  • Resolución da concesión de bolsa, se é o caso

Débese entregar esta documentación na oficina administrativa do centro, ben presencialmente ou ben enviado toda a documentación ao correo eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal 

 


 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO 4 Modelo de solicitude de devolución de prezos públicos_formulario4.pdf57.97 KB