Unha vez rematado o proceso de matrícula, nas primeiras semanas do curso, hai un prazo para cambios de grupo sen necesidade de xustificante. Este cambio de grupo só se realizará se hai praza no grupo ao que se desexe cambiar.
A solicitude de cambio farase en liña a través de CentrosNet nos prazos previstos. Informarase do prazo para facelo polas canles de comunicación habituais: mensaxería en CentrosNet e notificación na páxina web da escola.
Se o cambio de grupo implica facer un cambio entre sitios de docencia (sede central a extensións ou á inversa) hai que cubrir esta solicitude de cambio de grupo e enviala ao correo eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal ou entregalo na secretaría do centro.
Entre en CentrosNet co seu usuario e contrasinal, prema en cambio de grupo dentro da lapela xeral e seleccione o grupo ao que quere cambiar. Lembre que só aparecerán dispoñibles aqueles grupos nos que haxa prazas libres.
Fóra do prazo ordinario só se pode cambiar de grupo cun xustificante ante xefatura de estudos e só se hai praza no grupo solicitado.
Deberá achegar esta solicitude de cambio de grupo a eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal e agardar á notificación por parte da escola para poder incorporarse ao novo grupo solicitado. En ningún caso se pode asistir ás clases do grupo solicitado sen ter recibida a notificación de que o cambio de grupo foi concedido.
Non se farán cambios de grupo despois do 30 de abril do curso actual.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude de cambio de grupo-formulario web 2.pdf | 691.49 KB |