A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir aos cursos presenciais e semipresenciais que se ofertan na EOI de Lugo e está regulada pola Resolución do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25 ↩ (DOG do 30 de maio).
Para poder matricularse por primeira vez na EOI de Lugo debe ter en conta o seguinte:
para acceder aos estudos das EOI deberá cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma; 14 anos para un idioma diferente ao cursado como 1ª lingua na ESO)
para non é preciso comezar os estudos desde o curso máis básico do itinerario; pódese ingresar nun curso superior por medio destas vías↩ (proba de clasificación ↩, acceso directo ↩)
a oferta de estudos ↩ da EOI de Lugo é de 8 idiomas diferentes (alemán, chinés, español lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, e portugués). Na extensión de Sarria dependente da EOI de Lugo tamén se pode estudar inglés.
o alumnado de novo ingreso ↩ precisa preinscribirse e esperar unha adxudicación de praza antes de poderse matricular; unha vez obtida praza, debe formalizar a súa matrícula para que esta sexa efectiva nos prazos determinados para cada curso académico.
o proceso de matrícula faise en liña, segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación.
para matricularse en liña debe estar en posesión do DNI ou NIE, o resto do alumnado debe presentarse de xeito presencial na oficina administrativa da EOI de Lugo.
para matricularse nun curso de español para estranxeiros debe acreditar a súa condición de cidadán/á dun país en que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
as datas de realización das probas finais poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademais, na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora
Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
Para máis información, e dúbidas frecuentes prema nos seguintes enlaces:
Oferta educativa xeral da EOI de Lugo.↩
Sobre o proceso de preinscrición↩
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo 7 - Protocolo menores- formulario editable.pdf | 101.4 KB |