O alumnado que queira matricularse nalgún dos idiomas que oferta a EOI de Lugo ten varios prazos para formalizar a súa matricula dependendo de si se matricula por primeira vez ou continua os seus estudos. Os prazos veñen determinados pola Consellería de Educación. (Ligazón á orde de matrícula)↩
Importante: consulta a oferta de grupos do curso 2024-2025 ↩ antes de facer o pagamento das taxas.
Prazos de matrícula
O alumnado oficial da EOI de Lugo do curso 2023-24 que continua estudos na modalidade oficial na EOI de Lugo no mesmo idioma (estivo matriculado e non presentou renuncia) Matrícula sen facer preinscrición |
|
Alumnado de todos os idiomas APTO na convocatoria ordinaria | 18 - 28 xuño |
Alumnado de todos os idiomas APTO/NON APTO/NON PRESENTADO na convocatoria extraordinaria | 28 xuño - 5 xullo |
Matrícula sen preinscrición. Procedemento. ↩
Matrícula con preinscrición previa |
||
1º debe facer a preinscrición | Todos os idiomas e niveis | 24 xuño - 5 xullo |
2º debe formalizar a matrícula |
Alumnado admitido no sorteo (08 de xullo) Consulta nesta ligazón ↩se estás admitido/a e formaliza a túa matrícula. |
09 - 19 xullo |
Alumnado preinscrito que non foi admitido no sorteo + Alumnado que non participou no proceso de preinscrición + Alumnado que non se matriculase nos prazos previstos= Matrícula en VACANTES ↩ |
22 xullo- ata o 20 setembro |
Matrícula con preinscrición. Procedemento. ↩
PRAZO de matrícula: do 22/07/2024 ás 09:00 horas ao 20/09/2024 ás 23:59 horas.
(ou ata que se cubran as prazas en cada un dos grupos)
Para alumnado que non se matriculase nos prazos anteriores, alumnado que non fose admitido na preinscrición ou non participase no proceso de preinscrición.
⇩ Preme nas seguintes ligazóns para informarte sobre |
||||
Documentación para
|
Cómo pagar as taxas
|
|
Consulta os horarios
|
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente. A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaráselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula. Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique. |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO V- solicitude adaptación de probas_formulario.pdf | 88.04 KB |
ANEXO IV (Certificado 1ª lingua estranxeira) formulario.pdf | 33.02 KB |