As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06). ↩
A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito:
Quedará xustificado o pagamento mediante a presentación dun dos seguintes modelos oficiais:
IMPORTANTE:o recibo do pago con tarxeta ↩ que se pode obter realizando o pago telemático non é válido.
O pagamento poderase realizar en calquera das entidades financeiras colaboradoras↩ na recadación de taxas e prezos que veñen relacionadas no anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992 (https://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-eprezos/...).↩
O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento nalgún curso anterior deberá aboar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula.
Procedemento para aboar as taxas
Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:
NAS ENTIDADES BANCARIAS:
Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
Achegue escaneados os dous resgardos selados que lle devolva o banco xunto coa demais documentación de matrícula.
POR INTERNET:
Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón ↩, e siga a ruta: Cidadáns>Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa>Premer no cadeado aberto>Inicia taxa (botón azul á dereita da pantalla). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación ↩ e dea a orde de pago. (Ver titorial de pagamento en liña ↩)
Para que este trámite teña validez, a aplicación deberalle xerar un xustificante de pago (modelo 730 ↩), no que conste un código seguro de verificación (CSV) composto de 16 caracteres alfanuméricos. Non é válido o recibo do pago con tarxeta ↩ que se pode obter realizando o pago telemático.
Achegue unha copia escaneada deste modelo xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Codigos de pagamento.pdf | 162.47 KB |
Solicitude de títulos.pdf | 197.79 KB |
Taxas na matrícula libre.pdf | 203.29 KB |
Taxas na matrícula monográficos.pdf | 211.04 KB |
Taxas na matrícula oficial con fraccionamento de pago.pdf | 275 KB |
Taxas na matrícula oficial.pdf | 203.14 KB |
Bolseiros.pdf | 134.65 KB |
Exencións e descontos.pdf | 224.86 KB |
recibo de pago con tarxeta non válido.JPG | 41.15 KB |
Modelo 730 válido.JPG | 40.22 KB |
Taxas na matrícula para a proba de clasificación.pdf | 371.21 KB |