Preinscrición e matricula nos cursos oficiais da EOI de Lugo 2024-25

O alumnado que queira matricularse nalgún dos idiomas que oferta a EOI de Lugo ten varios prazos para formalizar a súa matricula dependendo de si se matricula por primeira vez ou continua os seus estudos. Os prazos veñen determinados pola Consellería de Educación. (Ligazón á orde de matrícula)

Importante: consulta a oferta de grupos do curso 2024-2025 ↩ antes de facer o pagamento das taxas.

Prazos de matrícula 


 

O alumnado oficial da EOI de Lugo do curso 2023-24 que continua estudos na modalidade oficial na EOI de Lugo no mesmo idioma (estivo matriculado e non presentou renuncia)

Matrícula sen facer preinscrición

Alumnado de todos os idiomas APTO na convocatoria ordinaria 18 - 28 xuño
Alumnado de todos os idiomas APTO/NON APTO/NON PRESENTADO na convocatoria extraordinaria 28 xuño  - 5 xullo

Matrícula sen preinscrición. Procedemento. 


 

Resto do alumnado* (novo acceso, acceso por traslado, acceso por proba de clasificación, antigo pre-23/24, renuncias curso 23-24) 

Matrícula con preinscrición previa 

1º debe facer a preinscrición Todos os idiomas e niveis 2xuño - 5 xullo
 
2º debe formalizar a matrícula

Alumnado admitido no sorteo (08 de xullo)

Consulta nesta ligazón se estás admitido/a e formaliza a túa matrícula.

09 - 19 xullo

Alumnado preinscrito que non foi admitido no sorteo + Alumnado que non participou no proceso de preinscrición + Alumnado que non se matriculase nos prazos previstos= Matrícula en VACANTES 

22  xullo- ata o 20 setembro

Matrícula con preinscrición. Procedemento. 


 

MATRÍCULA EN PERÍODO DE VACANTES 

(PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN)

PRAZO de matrícula: do 22/07/2024 ás 09:00 horas ao 20/09/2024 ás 23:59 horas. 
(ou ata que se cubran as prazas en cada un dos grupos)

 Para alumnado que non se matriculase nos prazos anteriores, alumnado que non fose admitido na preinscrición ou non participase no proceso de preinscrición. 

 


 Preme nas seguintes ligazóns para informarte sobre 

Documentación para
a matrícula oficial
 

 

Cómo pagar as taxas
da matrícula oficial
 

 

Consulta os horarios
do curso 2024-2025
 

                                                                                        

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten.

As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente.

A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaráselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula.

Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique. 

 


 

AttachmentSize
ANEXO V- solicitude adaptación de probas_formulario.pdf88.04 KB
ANEXO IV (Certificado 1ª lingua estranxeira) formulario.pdf33.02 KB