Ensinanzas

Cursos ordinarios

As ensinanzas da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza están estruturadas segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) da seguinte maneira, para os catro idiomas que se imparten; alemán, francés, inglés (tamén na sección de Burela) e italiano:

  • Nivel A1 do MCERL.
  • Nivel A2 do MCERL.
  • Nivel B1 do MCERL.
  • Nivel B2 do MCERL.
  • Nivel C1 do MCERL.
  • Nivel C2 do MCERL (no curso 2023/24, unicamente para o alumnado presencial de inglés).

 As modalidades de estudo que o alumnado pode seguir son:

- Oficial presencial: Permítelle o alumnado a asistencia a clase durante o curso académico (de setembro a xuño) cunha duración de 120 horas (4 horas á semana). Tes dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción, ou probas de certificación de nivel.

- Libre: Enténdese por alumnado libre aquel que se matricula na escola só para realizar as probas de certificación de nivel  e obter o título correspondente.

Cursos de competencias lingüísticas (orais)

Os cursos de competencias lingüísticas están adicados a reforzar determinadas destrezas comunicativas, neste caso, as destrezas orais de inglés e francés. Ademais, están divididos en diferentes niveis (de B1 a C1) para axustarse ás diferentes necesidades do alumnado.

No curso 2024/25, en inglés, na sección de Burela e na EOI de Viveiro ofértanse os niveis B1 e B2. En Francés, ofértanse os niveis B2 e C1. En todos os casos son cursos de 60 horas de duración e impártense nunha única sesión semanal de dúas horas. Podes consultar os horarios de cada curso na oferta educativa.

Non é necesario acreditar un nivel para poder matricularse, pero si é recomendable ter coñecementos previos do idioma. A matrícula nestes cursos é decisión voluntaria do alumnado, polo que o centro non se fai responsable da falta de aproveitamento do curso se o alumnado non ten nivel suficiente. 

Os prazos para matricularse no curso 2024/25 nesta escola de idiomas son:

  • Do 18 de xuño ao 5 de xullo.
  • Do 2 ao 20 de setembro.

- Documentación a entregar.

- Taxas de matrícula POR COMPETENCIAS.

Para matricularte nestes cursos, debes cubrir a túa solicitude no enlace correspondente:

EOI Viveiro Luzo Pozo Garza

Sección de Burela da EOI de Viveiro

A norma que regula o proceso de preinscrición, admisión e matrícula para o curso 2024/25 é a Resolución do 16 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

 

Ensinanza a distancia

- Progrma That's English!: Seguindo o programa That's English! o alumnado matriculado neste tipo de ensinanza ten dereito a asistir a unha titoría semanal no centro de hora e media. Ten dereito a realización dos exames para superar os módulos nos que se estrutura este tipo de ensinanza. O alumnado do programa That's English! que desexe ter os certificados de nivel A2, B1, B2 e C1 deberá realizar estas probas xunto co alumnado presencial.

Distribuir contido