MATRÍCULA CURSO 2024/25
Información IMPORTANTE ao alumnado:
PRAZOS DE MATRÍCULA
Prazo extraordinario de vacantes. Unha vez finalizado o proceso de matrícula ofreceranse as prazas que queden vacantes.Do 2 ao 20 de setembro. A través da aplicación web de matrícula.
Alumnado desta escola apto na convocatoria ordinaria e que continúe estudos. Do 18 ao 28 de xuño. Non tes que facer preinscrición se continúas cos estudos realizados no curso 2023/24. Enlace para matricularte (coas credenciais do teu CentrosNet).
Se fixeches preinscrición, a partir do día 9 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido ou admitida. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula).
¿COMO SEI QUE A MIÑA MATRÍCULA FOI TRAMITADA POLA ESCOLA?
Dende a secretaría da escola enviaremos un correo electrónico con asunto "Confirmación matrícula", á dirección que indicaches nos datos de matrícula, informándoche se a túa matrícula foi formalizada.