Jorge Mira Pérez, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC e coñecido divulgador científico en diferentes medios de comunicación, visitará a nosa EOI para impartir unha conferencia na que realizará unha análise cuantitativa sobre o futuro do galego.
Poden asistir todas as persoas interesadas.
Obradoiro II de curta metraxe con Paula Carballeira, escritora e actriz (Berrobambán teatro, Libro de familia na TVG)
Cando: 30 de marzo de 18:30 ás 20:30
Onde: Sitio por determinar
http://galegos.galiciadigital.com/gl/paula-carballeira-cabana
Xa chegou o concurso de curtas! Consulta as bases!
Data límite de entrega: 5 de abril 2016
Organiza o EDLG
Falaremos coa escritora do proceso de tradución do alemán ao galego coa obra "keinigkeiten/cousiñas"
Cando e onde? O martes, 8 de marzo de 2016, ás 17:30 horas na sala de lectura da EOI de Santiago de Compostela.
Unha representación teatral para non esquecer! Dirixida por Lucho Penabade. O espectáculo pretende facer un breve percorrido pola obra de Rosalía de Castro, salientando a súa plena vixencia e actualidade. Unha homenaxe á autora e á radical rebeldía e modernidade da súa obra e pensamento.
Cando e onde?
O luns, 29 de febreiro de 2016, ás 20 horas no salón de actos da EOI de Santiago de Compostela.
Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG.
Mércores 27 de xaneiro de 2015 desde as 18:30 ás 20:00. Aula 6.
Galegos e galegas de aquí e de acolá.
Conversa con Isabelle Kerdudo, autora do estudo “Chrétiens et païens dans l’Entroido de Laza” da Universidade de Rennes II (Bretaña).
Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG.
O gañador do concurso de felicitacións de Nadal é Ricardo Irimia, alumno de galego.
Esta é a felicitación gañadora.
Accedede ao grupo público de Facebook Tándem en galego para ver todas as felicitaciós, e empregádeas para felicitar o Nadal!
Departamento de Galego e EDNL.
Obradoiro lúdico de música ao redor dos camiños.
Imos cantar en alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués!
A cargo de Richard Rivera Armero, membro do grupo de música antiga Resonet.
Xoves 17 de decembro ás 20:00h no salón de actos.
Organiza o EDLG en colaboración con todos os Departamentos da EOI
En bici, mobilidade a debate! Adeus fumes, atascos, problemas para aparcar... Aposta pola bici como medio de transporte alternativo, ecolóxico e saudábel.
O mércores 16 de decembro 2015 ás 17:00 no salón de actos.
Organiza o EDLG.
Crea unha felicitación de Nadal e participa no concurso! Contribúe a que todo o mundo teña unha para enviar! Hoxe en día a xente manda cada vez máis felicitacións a través do Facebook e do WhatsApp; mais aínda non hai moitas en galego.
Agora poderás crear a túa felicitación para participar no concurso e, ademais, para enviárllela a quen desexes e para que todo o mundo poida facer o mesmo con ela.
Atención: prazo ampliado até o día 16 de decembro!!