Ven escoitar a profesionais da tradución, e pon a proba a túa habilidade tradutora! Mesa redonda sobre a literatura universal traducida ao galego, para o que contaremos coa presenza de catro profesionais deste eido: María Alonso Seisdedos, Patricia Buxán, Isabel Soto e Alejandro Tobar Salazar.
Con especial atención ás literaturas de lingua alemá, francesa, inglesa e italiana, a mesa redonda tratará sobre:
- a representación destas literaturas na nosa lingua,
- o estado actual da tradución literaria ao galego,
- o seu mercado e posibilidades actuais,
- a transmisión cultural a unha lingua minorizada.
Data: 14 de marzo de 2018
Unha vez finalizada a mesa redonda, celebraranse obradoiros de tradución moderados por: Patricia Buxán (alemán), Isabel Soto (francés), Alejandro Tobar (inglés) e María Alonso Seisdedos (italiano). Para a participación nestes obradoiros, abertos ao alumnado dos niveis avanzados e C1 de cada lingua, requerirase unha inscrición previa (ata o 20 de febreiro enviando un mail a dalvarez[@]eoisantiago.org). O alumnado inscrito recibirá os textos con tres semanas de antelación para preparar a súa tradución e discutir e poñer en común no obradoiro.
Mesa Redonda: 17:00 (Salón de Actos)
Obradoiros: 18:30 (O alumnado inscrito será informado sobre a aula)
Organizado polo EDLG e polos Departamentos de alemán, francés, galego, inglés e italiano.
Contacto: dalvarez[@]eoisantiago.org