Club de Conversa de Italiano

Queres mellorar a túa expresión oral en italiano? Trátase dun club de conversa en italiano co profesor en prácticas Dario Di Maio, dirixido ao alumnado de italiano da EOI e ao alumnado da EOI con coñecementos de italiano. Os temas do club serán variados e preparase o alumnado para afrontar mellor a proba de expresión oral.

Todos os martes de 12:00 a 13:00 horas e xoves de 17:30 a 18:30 horas, a partir do 21 de marzo, os martes na aula 10 e os xoves no Laboratorio de Idiomas.