VI Festa di Natale del dipartimento di italiano

Participa no concurso de tarxetas de Nadal! Festeggiate un Natale all’italiana dal 15 al 21 dicembre.

Do 15 ao 21 de decembro:
- Lettere alla befana: O alumnado participante deberá escribir unha pequena carta á Befana pedíndolle algún desexo para o ano que vén.

O 20 e o 21 de decembro:
- Quiz W l'Italia: os participantes deberán respostar correctamente a diferentes preguntas sobre Italia.
- Tómbola: xogarase á tombola, un dos xogos tradicionais do Nadal en Italia, parecido ao bingo, con premios.
- Passaparola: os grupos participantes deberán enfrontarse a Luigi Giunchi.
- Concurso de doces: o alumnado poderá participar nun concurso de doces italianos.
- Degustación: degustaranse entre todos os asistentes os doces do concurso, xunto cos clásicos panettone e pandoro.

Do 15 ao 21 de decembro, na entrada da EOI.

Martes 20 de decembro, a partir das 17.30, aula 8. Entrega de doces das 17.30 as 18.30, aula 2 e despois das 18.30 aula 7.

Mercores 21 de decembro, a partir das 9:30, aula 7. Entrega de doces das 9.30 aula 8.