Parla come mangi! Le varietà regionali in cucina

Gústache a cociña italiana? Que sabes da situación lingüística italiana? Ven a esta actividade ideal para os amantes da boa cociña e das linguas.

Carla Costanzo falaranos da situación lingüística italiana dende unha perspectiva tan orixinal como apetitosa: a cociña nas diferentes rexións de Italia. Unha viaxe gastronómica e lingüística que nos levará dende Milán a Sicilia, pasando por Roma.

Venres, 10 de abril de 2015, das 10:30 ás 12:00h no Salón de Actos da EOI de Santiago de Compostela.

Foto | Nate Gray