Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA 2024-2025

A Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG do 26 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria.

Prazo para a presentación de solicitudes: 1-12 de xullo para os cursos do primeiro cuadrimestre (adxudicación e entrega de documentación 16-19 xullo).

Prazo para a presentación de solicitudes: 11-22 de novembro para os cursos do segundo cuadrimestre (adxudicación e entrega de documentación 26-29 novembro).

Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

 

PRIMEIRO CUADRIMESTRE (setembro/outubro-decembro)

Curso
Modalidade/Horario
Días
Aula
Comezo das clases 

Linguaxe admva. MEDIO grupo 1

En liña

 

 

30/09 

Linguaxe admva. MEDIO grupo 2

En liña

   

30/09

CELGA 2

17:00-19:30

Martes e xoves

 

17/09 

CELGA 3

9:00-11:30 h

Luns e xoves

 

16/09 

CELGA 4

11:00-13:30

Luns e xoves   16/09 

CELGA 4

17:30-20:30 h

Mércores e venres

  18/09 

  

SEGUNDO CUADRIMESTRE (febreiro-maio)

Curso
Modalidade/Horario
Días
Aula
Comezo das clases 

Linguaxe admva. SUPERIOR

En liña

 

 

 

CELGA 3

9:00-11:30 h

Luns e xoves

 

 

CELGA 4

11:00-13:30

Luns e xoves    

CELGA 4

17:30-20:00 h

Mércores e venres

   

Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

As solicitudes fanse mediante aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalegaPara cada período de inscrición o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para achegar a documentación que se especifica na convocatoria dentro do prazo establecido.

INFORMACIÓN IMPORTANTE! A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado. A realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.