Cambios de grupo 2024-2025

Prazo

Do 7 de outubro ás 9.00 horas ao 10 de outubro ás 23:00 horas.

Normas

  1. O cambio de grupo concederase só se existen prazas vacantes no horario ou grupo solicitado.
  2. Tan pronto como sexa concedido o cambio, o alumnado deberá incorporarse ao seu grupo novo en canto se autorice o cambio e non poderá permanecer no seu grupo orixinal.

Procedemento

OPCIÓN A - Cambios de grupo dentro do mesmo centro (cambios entre grupos de Vite, entre grupos de Sar, etc.)

O alumnado que desexe solicitar un cambio de grupo deste tipo deberá facelo a través de CentrosNET, na pestana CAMBIO DE HORARIO

No caso de haber prazas no grupo solicitado, o cambio é automático. De non haber vacante, a solicitude quedará en espera, mentres estea aberto o prazo, ata que xurda unha vacante.

É responsabilidade do alumnado comprobar na súa sesión de CentrosNET se a súa solicitude de cambio se resolve favorablemente ou non.

Instrucións para solicitar cambio de grupo a través de CentrosNET Instrucións CentrosNET

OPCIÓN B - Cambios entre grupos de centros diferentes (cambios entre Vite e Sar, entre Noia e Sar, etc.)

Lugar de recollida e presentación de solicitudes: conserxería da EOI e conserxería e/ou xefatura de estudos das Seccións.

O alumnado poderá solicitar o cambio de grupo entre centros por razóns de forza maior xustificadas documentalmente, xurdidas con posterioridade á data na que realizou a súa matrícula no Centro. Consideraranse razóns de forza maior:

  • motivos laborais
  • de saúde
  • académicos regulados
  • outros, debidamente xustificados

que impidan ao alumnado asistir á clase con regularidade no horario que lle corresponde.

A persoa interesada deberá cubrir o impreso correspondente que pode recoller na conserxería do centro no que está matriculado ou descargar aquí. Logo de cubrilo e achegando a documentación e/ou xustificantes que considere oportunos, entregarao ao persoal da conserxería, quen llo remitirá ás Xefaturas de Estudos. Non se admitirán solicitudes entregadas por correo electrónico, fax ou correo postal. NON SE ATENDERÁN SOLICITUDES SEN XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL

Para comprobar se a súa solicitude de cambio se resolveu favorablemente ou non, consulte a súa sesión de centrosNET.