Equipo de Dinamización da Lingua Galega - 2022-23
-
Marzo
-
-
Roteiro "Ferrol en feminino"
Ángela Ruíz Robles (Villamanín, 28 de marzo de 1895 - Ferrol, 27 de outubro de 1975), foi a inventora da primeira enciclopedia mecánica, o que viría ser a precursora do primeiro libro electrónico. En 2015, co gallo do 25 aniversario da apertura da EOI Ferrol, resultou elixida pola comunidade educativa para dar nome de maneira honorífica á nosa escola.
Foto: Eulogia Merle, CC BY-SA 4.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0>, via Wikimedia Commons
DATA: luns, 27 de marzo de 2023
SAÍDA E CHEGADA: sairemos ás 18:10 da porta principal da EOI (Rúa Real) rumbo ao peirao de Curuxeiras, onde comezará o roteiro ás 18:30. Chegaremos á praza da Constitución (Cantón) sobre as 20:30 h.
DURACIÓN ESTIMADA DO ROTEIRO: 2 horas aprox.
PERCORRIDO: iremos polas rúas de Ferrol achegándonos a aqueles lugares onde o papel das mulleres da comarca tivo unha maior relevancia.
O percorrido completo é o seguinte: Curuxeiras, rúa Carme Curuxeiras, rúa San Francisco, xardíns de San Francisco, rúa Magdalena, praza de Amboaxe, rúa Real, rúa Concepción Arenal, antigo Hospital de Caridade, rúa Real, praza de Galicia, praza da Constitución (Cantón).
Posto que é unha actividade ao aire libre, levarémola a cabo sempre que as condicións meteorolóxicas nolo permitan. Con chuvia forte e vento, a actividade non terá lugar e será adiada a outra data por determinar.
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG conxuntamente coa biblioteca da escola, supón, por parte das persoas participantes, o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante o roteiro.
INSCRICIÓN GRATUÍTA: até o mércores 22 de marzo. Se estiveres interesado/a en acompañarnos, por favor, enche o formulario de inscrición que podes atopar máis abaixo.
Esta actividade é gratuíta, mais ten un número limitado de prazas (25). Aquelas persoas inscritas que non se presenten o día da actividade no lugar e hora indicados cederán a súa praza a outra persoa interesada. Se unha persoa se inscribise e, finalmente, non puidese acompañarnos, agradecemos que o comunique por correo con antelación.
Se tiveses calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
-
-