|
|
|
|
Segundo o DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, artigo 4 (DOG 114 do 17 de xuño), o alumnado na modalidade oficial pode fraccionar o pago en dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida.
No caso de optar polo pago fraccionado da matrícula oficial, débense seguir estes pasos e achegar a seguinte documentación:
A renuncia ao curso non exime do pago íntegro da matricula.
A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos, cando se opte por fraccionar este, producirá automaticamente a anulación da matrícula en todas as disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ao primeiro prazo dos prezos públicos.
O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso anterior, deberá aboar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula no presente curso.
Taxas con pago fraccionado
Apertura expediente |
Servizos xerais |
Docencia por cada idioma |
Total matrícula oficial |
|||
1º prazo |
2º prazo |
Total (1 idioma) |
||||
1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO |
22€ |
13€ |
92€ |
81€ |
46€ |
127 € |
2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO |
0€ |
13€ |
92€ |
59€ |
46€ |
105 € |
3) ALUMNADO ORDINARIO (con matrícula adicional) |
0€ |
0€ |
92€ |
46€ |
46€ |
92 € |
Desglose: no primeiro prazo débense abonar os seguintes conceptos (de ser o caso): apertura de expediente+ servizos xerais+ 50% docencia por idioma. No segundo prazo abonase o 50% que resta da docencia por idioma.
Códigos de pagamento
*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN |
|
Consellería de Cultura, Educación e O.U. |
07 |
Delegación de A Coruña |
10 |
Servizo: Ensino Medio |
03 |
Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas |
350800
|