Actividades 2023 - 2024 - 1º CUADRIMESTRE

ACTIVIDADES DO

1º CUADRIMESTRE

 

 

 

F

 

E

 

S

 

T

 

A

 

S

Inauguración dos cursos de Galego

 

 

 

 

 CANDO: mércores, 27 de setembro, ás 10.30 e ás 19.00

 ONDE: na cafetaría da EOI

 QUEN: o Departamento de galego convida o alumnado de Galego de todos os niveis

 QUE: benvida á escola a todo o alumnado de Galego. Aproveitaremos para nos coñecer e presentar as actividades culturais e extraescolares previstas para o novo curso 2023 - 2024. Celebraremos con café, refrescos e petiscos doces: bica branca de Laza, biscoito e roscas variadas.   

  

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

TEATRO: Arraianos de Sarabela Teatro

 

CANDO: vernes, 6 de outubro, ás 20.30

ONDE: no Teatro Rosalía de Castro

CANTO: 7 euros

QUE: baseada en dous contos de X.L. Méndez Ferrín

MEDIAS AZUIS: dous mozos (Fer González e Fran Lareu) van mocear con dúas irmás xémeas (Sabela Gago e Fina Calleja) de aparencia saudable e belida. Dúas testemuñas (Elena Seijo e Fernando Dacosta) transfiren as súas emocións e perspectivas dos acontecementos. A promesa de namoro torna nunha situación arrepiante. Os mozos, ante a imposibilidade do gozo, dan en aldraxalas: ou as usan para o seu pracer ou para facer moca delas. A relación xira sobre o gozo e o pracer sexual ou da burla, nunca da igualdade. A atmosfera é recreada por outra testemuña, o músico (Vadim Yukhevich) que interpreta a maldición circular na que a noite de brétema vai engulir os mozos.

LOBOSANDAUS: na segunda década do século pasado, un mestre (Fran Lareu) destinado na escola unitaria dunha aldea arraiana, envía cartas ao seu tío - penitenciario da Catedral de Ourense- durante o primeiro trimestre do curso. A través das letras desenvólvese unha trama de posesión onde se conxugan o telúrico e o erótico, o mundo e o inframundo. Nos confíns arraianos de Lobosandaus, a racionalidade perde o seu asento e o mestre cae baixo o dobre feitizo dos aires remotos e da fermosa Dorinda (Fina Calleja), mentres o espírito do capador – anarquista e agrarista- Nicasio Remuñán, (Fernando Dacosta) que perdeu a cabeza por ela en vida, peregrina do corpo aberto de Obdulia (Elena Seijo), en corpo aberto de Turelo (Fer Glez.) para posuílos. Os dous son fillos de Aparecida (Sabela Gago), dona da pensión onde mora o mozo mestre, acompañados por un músico testemuña dos acontecementos (Vadim Yukhevich).

VÍDEOS:  ver

MÁIS INFORMACIÓN:   páxina da montaxe    Dossier

 

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

CINE: O corno de Jaione Camborda

 

CANDO: mércores, 18 de outubro, ás 20.15

ONDE: nos Cantones Cine

CANTO: 5,5 euros

QUE: drama rural ambientado na Galicia dos anos 70 e protagonizado pola bailarina Janet Novás, no que é o seu debut no cinema. Está rodada en galego e en portugués en varias localizacións das comarcas de Arousa e Baixo Miño (Pontevedra) e Alto Minho (Portugal) e narra a historia de María, unha mariscadora e tamén parteira que, tras un terrible suceso, se ve obrigada a fuxir a través dunha ruta de contrabandistas. Segundo as crónicas xornalísticas de San Sebastián, durante a súa proxección causou fondo impacto e, no caso dalgunhas escenas correspondentes a un parto, ata algún desmaio.

INTÉRPRETES: Carla Rivas, Nuria Lestegás, María Lado, Siobhan Fernandes e Diego Anido, entre outros.

TRÁILER:  ver

MÁIS INFORMACIÓN:   noticia    crítica

 

 

E

 

X

 

P

 

O

 

S

 

I

 

C

 

I

 

Ó

 

N

 

S

Festas e tradicións: o día de defuntos

 

 

CANDO: 23 de outubro ao 3 de  novembro

ONDE: no corredor do Departamento de Galego

QUE: bodegón de outono para celebrarmos o 31 de outubro, a festa do Samain do pobo celta. A nosa noite de defuntos na que os finados poden volver connosco e visitarnos. Para iso prendemos candeas ou deixamos o lume aceso para que os nosos defuntiños atopen de xeito doado o camiño á súa antiga casa. Deste xeito,  tamén lles amosamos que non os esquecemos.

Bodegón de outono: cabazas baleiradas, candeas, castañas, millo, cogomelos, follas secas, luces e sombras, agoiros, fotos dos devanceiros... tempo de ánimas.

FOTOS:

 

 

 

 

 

E

 

S

 

P

 

É

 

C

 

T

 

A

 

C

 

U

 

L

 

O

 

S

Teatro: O Deus do pop de Diego Anido

 

CANDOvenres, 17 de novembro, ás 21.00

ONDE: no fórum Metropolitano

CANTO5 euros

QUE: a quinta peza individual de Diego Anido é, máis que nunca, resultado dunha metodoloxía persoal e pouco habitual. Nela convive a variedade escénica: texto, danza, música feita estranos obxectos… cunha depurada dramaturxia que tenta dar vida a unha biografía que nace de maridar a vida dunha pseudo estrela do pop coa propia biografía do autor. “O deus do pop“ é un individuo singular que percorre a escena con paso delicado, voz suave e unha enerxía salvaxe; para mostrar todo o que o seu talento lle permite ser.

LIGAZÓNS: máis información

ver vídeo do autor 

 

Teatro: Os nenos da varíola de Pérez&Fernández

CANDO: venres, 24 de novembro, ás 21.00

ONDE: no fórum Metropolitano

CANTO: 5 euros

QUE: adaptación da novela de María Solar Os nenos da varíola, dedicada aos 22 nenos que en 1803 foron os heroes da devandita expedición. Unha proposta escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas da Real Expedición Filantrópica da Vacina, e como chegaron a ser os heroes da devandita expedición e na que a súa heroína máis esquecida se converteu nun dos alicerces máis importantes desta fazaña sanitaria, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal. 22 nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios españois de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

 LIGAZÓNSver vídeo

                  máis información 

 

 

 

C

O

N

F

E

R

E

N

C

I

A

S

 Tras 

 

 

CANDO: martes, 17 de decembro, ás 19.00

ONDE: na Sala de Vídeo da EOI da Coruña

CANTO: de balde

QUE

 

LIGAZÓNS

 

Unha colaboración dos seguintes departamentos da EOI da Coruña: