Matrícula cursos de destrezas

 

Estes cursos son cursos moi prácticos, cuxo obxectivo é o uso da lingua sen a presión dun exame final. A maioría son de destrezas orais.

Cursos que se ofertan na EOI A Coruña e as súas seccións

alemanarabefrancésinglésportuguesxaponés

arteixocarballoceeculleredo

 


 Como e onde se fai a matrícula

  • Cubrir a solicitude en liña, seguindo as ligazóns seguintes:
EOI A Coruña  Cursos anuais. Premer aquí
Cursos cuadrimestrais. Premer aquí
Sección Arteixo Premer aquí
Sección Carballo  Cursos anuais. Premer aquí
Cursos cuadrimestrais. Premer aquí
Sección Cee Premer aquí
Sección Culleredo Premer aquí
  • Pagar as taxas. Pódese facer o pago telemático seguindo os pasos amosados nesta ligazón
  • Prazo: desde o 18 de xuño ata esgotar prazas.

 


Taxas dos cursos de destrezas

ALUMNADO ANTIGO
   DESGLOSE
  A pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
Cursos de 30h 58 45 13 0
Cursos de 60h 103 90 13 0
Cursos de 120h 193 180 13 0
NOVO ALUMNADO
  DESGLOSE
  A pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
Cursos de 30h 80 45 13 22
Cursos de 60h 125 90 13 22
Cursos de 120h 215 180 13 22

 


Exencións e descontos

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación. O persoal docente deberá acreditar que está en servizo activo no momento de formalizar a matrícula presentando o certificado de funcionario expedido pola sección de persoal docente. Non é válido un certificado do centro nin de servizos prestados.
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%