Cambios de horario. Prazo Extraordinario.
- O luns 4 de novembro ás 09:00 ata o martes 5 de novembro ás 23:00 pódese solicitar un cambio de grupo vía CentrosNet, sen xustifcante.
- Só se concederá o cambio de grupo se hai unha praza no grupo ao que se quere cambiar.
- Se se quere cambiar entre sitios de docencia (sede central a seccións ou á inversa) hai que facelo cubrindo este documento e envialo ao correo indicado no propio documento, ou entregalo na secretaría do centro ou ás xefaturas das seccións.
Fóra deste prazo ordinario só se pode cambiar de grupo cun xustificante ante xefatura de estudos, e só se hai praza no grupo solicitado.