Deporte é Saúde é un programa inscrito no Plan Proxecta+, iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que promovan o traballo cooperativo, interdisciplinario e competencial. Neste caso, a temática está vinculada á saúde e benestar, aos proxectos de vida activa e deportiva (PVAD) e a hábitos saudables, inclusión e mobilidade, tendo en conta, ademais, os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) para o ano 2030.

Nesta edición (curso 2024-2025) o programa desenvolve actividades (relatorios, prácticas deportivas e traballo de aula) sobre tres deportes en particular: sendeirismo, tiro con arco e vela.

Este espazo da aula virtual é a plataforma visible de todos os documentos do programa (programación, obxectivos...), as paersoas participantes (profesorado, alumnado...), as evidencias dos traballos, actividades e experiencias nos tres deportes escollidos para o curso 2024-2025  e os resultados das enquisas sobre hábitos deportivos, satisfacción ao respecto das prácticas deportivas...

Colección de titoriais da Coordinación TIC

  • equipamento da escola: rede wifi edu.xunta, paneis dixitais, impresoras, grabadoras ...
  • ferramentas corporativas: Aula Virtual Moodle, CentrosNet, correo electrónico edu.xunta, FProfe, Datos persoais ...
  • videoconferencias con Webex ou BigBlueButton
  • ferramentas dixitais e aplicacións para o ensino: descarga e edición de audio e video máis conversión de todo tipo de ficheiros
  • logos e fontes corporativos

Aula Moodle para o profesorado da EOI en Carballo.