Skip to Content

Reserva de Praza en Centro Adscrito

A día de hoxe (15 DE XANEIRO) abriuse o prazo para que o alumnado de 6º de EI da escola reserve a súa praza no CEIP GALÁN e continuar alí 1º de Primaria o vindeiro curso 2024/2025.

O prazo é dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

FORMAS DE PRESENTACIÓN (3 formas)

1ª) O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro.

IMPRESO PARA DESCARGAR, IMPRIMIR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO

IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano

Podedes solicitalo na escola.

 _______________________

2ª) A través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Manual de Axuda para cubrir a solicitude.

De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1º Acceder ao apartado de SOLICITUDES – RESERVA - CREAR

   2º Unha vez cuberta, premer no botón “Crear e Confirmar” co que poderemos descargala, imprimila e entregala na escola.

 _______________________

3ª) Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón (para o que se precisa chave 365 ou certificado dixital)

SEDE ELECTRÓNICA

  • Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.

  • Unha vez cuberta, premer no botón “Confirmar Solicitude”

  • Despois premer en “Firmar e presentar na Sede Electrónica”

 Se tendes algunha outra dúbida ou problema estaremos encantadas de axudarvos.

   ________________________

Premendo AQUÍ tendes información sobre o proceso de admisión do alumnado.

Moitas grazas

 

PXA y PD 23-24

Calendario Escolar

Calendario Escolar

Merendas Saudables

Merendas Saudables

Material curso 23/24

Boas familias!

Compartimos con vós (documentos adxuntos) a listaxe do material coas correccións precisas.

Calquera dúbida aquí estamos!

Gracias pola colaboración.

Un saúdo.

As mestras

Vémonos o luns 11!

Recordade que o luns 11 ás 9:15 vémonos no cole o alumnado de 5º e 6º de EI.

O alumnado de 4º EI terá en conta o seu horario establecido para o Periodo de Adaptación, incorporándose en horario de 9:15 a 14:15 o luns 18.

Contamos co servicio de comedor desde o primeiro día!

Desfrutade do finde!

As mestras da EEI de Vilarrodís

 

Vémonos o luns 11!

Información ANPA "O Loureiro"

Familias! Compartimos con vós información relativa a ANPA da escola. 

Deixamos adxuntos a inscrición na ANPA para o curso 23-24 e o documento de autorización de imaxes.

Se estades interesados en ser socios, completade os documentos e envialos por e-mail a: apa.oloureiro@hotmail.com.

Un saúdo!

Moitas gracias

 

VOLTA AO COLE! Curso 2023/2024

Inicio do curso 2024-2025

Inicio do curso 2024-2025
Distribuir contido


by Dr. Radut