EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Secretaría

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022 - CONCELLO DE VILALBA

 

 

O concello de Vilalba acaba de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para adquisición de material escolar dirixida a Educación Infantil (3-6 anos), para o curso 2021/2022.

 

  • As axudas poderán destinarse a máscaras, mandilóns, mochilas, libros e demais material que figure nos listados dos centros escolares.
  • Axudas de entre 75 e 100 euros, dependendo da renda da familia.
  • prazo de presentación de solicitudes e documentación será do 21 de xuño ao 2 de xullo de 2021.
  • Os interesados/as deberán presentar tanto a solicitude como a documentación requirida, en tempo e forma, no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica.
  • As axudas que se concedan , publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
  • Para descargar a solicitude e documentación premede no seguinte enlace: https://www.vilalba.gal/es/noticias/axudas-material-escolar-2021-2022/

 

CONVOCATORIA AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

No DOG do 20 de maio publícase a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

-Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

-Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

-Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

NORMAS XERAIS

-O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 22 de xuño.

- Para poder solicitar a axuda, tedes toda a información nas páxinas web dos centros onde cursarán 1º de Primaria os vosos fillos e fillas.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022.

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro, para o curso 21-22,  foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:

  • 4º Infantil (3 anos): 32 solicitudes para 50 prazas vacantes.
  • 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.
  • 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 18 prazas vacantes.

 

listaxe definitiva de admitidos e admitidas poderá consultarse do seguinte xeito:

  • Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Non Presencial: única e exclusivamente a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.

 

Lembramos que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro.

 

ENQUISA CONVIVENCIA

Deixamos a disposición das familias o seguinte pdf con aclaracións sobre a enquisa de convivencia que enviamos hoxe.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 21-22, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:

  • 4º Infantil (3 anos): 32 solicitudes para 50 prazas vacantes.
  • 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.
  • 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 18 prazas vacantes.

 

listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse do seguinte xeito:

  • Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Non Presencial: única e exclusivamente a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.

 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).
  • 5º Infantil (4 anos): 34 prazas.
  • 6º Infantil (5 anos): 18 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 22 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión, en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.
  • Cuestionario sobre a lingua materna.
  • Opción sobre o ensino de relixión.
  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 22 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.
  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 

 

Martes 23 e xoves 25 de febreiro, de 17:00 a 19:30

Confirmade asistencia: Teléfono 982 828 155 / Correo electrónico: eei.vilalba@edu.xunta.gal

Esperámosvos!

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

 

 

Segundo a Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, os prazos máis salientables son:

 

- Reserva de praza no centro adscrito: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. O alumnado deste centro NON ten que facer reserva por non ter ningún centro adscrito.

 

- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Este será o prazo no que o alumnado de nova incorporación e o de 6º de Infantil (5 anos) deberá presentar dita solicitude no centro onde se vai a matricular o próximo curso.

 

FELIZ 2021!

CAMPAÑA "POLO NADAL AGASALLA IGUALDADE"

Unímonos á campaña "POLO NADAL AGASALLA IGUALDADE", promovida polo concello de Vilalba, para concienciar sobre a compra de xoguetes non sexistas e romper os roles de xénero.

 

Por aquí deixamos un decálogo do xoguete non sexista.

Distribuir contido