EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Escolares

Visita de "Mini e Mero"

   Co motivo da celebración das Letras Galegas tivemos a visita de "Mini e Mero", un dúo de cantautores chairegos, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla.

 

 

Celebramos o Día do Libro na Biblioteca Municipal de Vilalba

Co motivo do Día do Libro (23 de abril) o venres 21 de abril, na Biblioteca Municipal de Vilalba, todo o alumnado e persoal da nosa escola disfrutamos da actuación de Trinke Trinke, cos contos de "Paxariños" e "Turelí, Tureló".

Podedes acceder á galería de fotos dende aquí

7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

                     

     

INTERCAMBIO DE CONTACONTOS

Ainda estamos no mes de marzo, pero co gallo de O día do libro (23 de abril), estamos a celebrar na escola, ao longo deste trimestre e parte do seguinte, todo tipo de actividades para fomentar a lectura como: as familias contacontos, pero tamén intercambios letores cos centros educativos da localidade, como o CEIP Antonio Insúa Bermúdez.

Nesta ocasión veu a visitarnos Samuel con 4 compañeiros da súa clase de 6º de primaria: Ariadna, Aitana, César e Alba, todos eles antigos alumnos da nosa escola, e maila súa profesora de PT, Pili.

O conto titulábase "Carnaval" e utilizaron como axuda uns paneis con pictogramas e para poder contarnos moitas cousas máis utilizaron unha tableta coa app E-mintza . grazas a ela Samuel podíase comunicar á perfección con todos nós.

Desexando repetir! Moitas grazas pola vosa visita

6ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E A AUGA

Con motivo da 6ª Semana Escolar da Árbore e a Auga, que abrangue do 20 ao 24 de marzo de 2017. A Deputación de Lugo agasallounos cun ameneiro para prantar na Escola e máis un libro para cada alumno e alumna titulado "Eva, o trasno e o ameneiro".

Aproveitando a ocasión prantamos cada aula unha árbore; 2 ginkgo biloba, 2 manciñeiras e os 2 ameneiros, para prantar no novo patio.

 

 

contacontos e baile

                                

 

SAMAÍN

 

 

 

                                

ACTIVIDADE DE ESMUVI

O pasado venres os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiveron o pracer de asistir a unha actividade programada por ESMUVI no auditorio municipal de Vilalba. Grazas por facérnolo pasar tan ben!

O NOSO MURAL PRINCIPAL

O noso alumnado de 5º e 6º pintou as súas cariñas para decorar o mural.Así de bonito quedou!

BUSCANDO PAPA NOEL A ÄRBORE DE NADAL EN 3 ANOS

Distribuir contido