EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

Escolares

REVISTA ESCOLAR: "A CARRILANA DAS NOVAS". CURSO 22-23

 

Aquí tedes unha nova edición da revista "A CARRILANA DAS NOVAS". Nela, atoparedes un resumo dos proxectos, obradoiros, saídas e demais actividades realizadas neste curso 22-23. 

 

DÍA DO LIBRO 2023

Conmemoramos o Día do Libro cunha proposta intercentros, organizada pola coordinadora dos programas Inclúe-t e Emocióna-t. O alumnado do CEIP de Xermade visitou a nosa escola, o pasado venres, para representar a obra "O ATASCO". Despois, desfrutamos dunha merenda ao aire libre e dunha mañá de xogos no patio.

Parabéns ao alumnado e profesorado do CEIP de Xermade e...grazas pola visita!

 

 

 

 

FESTA FIN DE CURSO

Para rematar o curso con animación e diversión os peques foron pasando por diferentes espazos nos que estaban organizados os distintos xogos:

  1. Elaboración de pulseiras.
  2. Zapatiño Inglés.
  3. Paracaídas.
  4. O xogo do pañuelo.
  5. Sillas musicais.

3 ANOS A

3 ANOS B 

4 ANOS 

5 ANOS B

5 ANOS A

GRADUACIÓN 2022

Unha xornada moi emotiva foi a que vivimos o pasado luns na que os nen@s de 5 anos, convertíronse en estrelas de cine interpretando diferentes cancións de bandas sonoras de películas coñecidas. Comezaron co León da METRO GOLDWYN MAYER, para dar paso a sintonía da película THE MATRIX. Os CASTELOS foron representados a través dunha música medieval, para os dinosauros escolleuse a canción máis significativa de INDIANA JONES. O proxecto de Miró foi interpretado como non podía ser doutra maneira polos MIRONINS.  A canción de LODO de Xoel López marcou o Camiño de Santiago. O proxecto do Corpo Humano demostrou  que ten O CORAZÓN CONTENTO e na parte correspondente aos CONTOS bailaron coa música de MOANA , O MUNDO IDEAL DE ALADINO e música árabe. Para a canción da SEREÍÑA as nosas sereas demostraron a súa habilidade en natación sincronizada. As VOLVORETAS revolotearon ao son dun famoso VALS.  O Samaín foi caracterizado a través da sintonía da película de GHOST E OS CAZAFANTASMAS. AS TANXUGUEIRAS puxeron o auditorio en pé, e para rematar o festexo nada mellor que  O ROCK DA VACA MUXÍA.

VISITA DA CRUZ VERMELLA

O mércores 15 de xuño un EQUIPO DA CRUZ VERMELLA, formado por tres técnicos e unha enfermeira, desplazáronse ao pavillón do Insua para que os nosos peques puideran disfrutar dunha xornada lúdica e didáctica de primeiros auxilios. En primeiro lugar, ensináronlles que facer no caso dunha emerxencia, a que número teñen que chamar, como actuar para realizar unha RCP, coñeceron de preto a súa ambulancia, puxeron en marcha sireas, luces, falaron pola megafonía,...e disfrutaron da experiencia de subirse a un vehículo de intervención rápida.

MOITÍSIMAS GRAZAS CRUZ VERMELLA!!!

VISITA Á CASA DO MEL

Os peques de 3 anos fixeron a excursión fin de curso Á CASA DO MEL de GoenteÁ ECOESCOLA DAS PONTES.  Puideron disfrutar dun relaxante picnic na praia do Lago.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os nen@s de 4 e 5 anos visitaron SANTIAGO DE COMPOSTELA.  Puideron disfrutar dun conto interpretado polo actor Anxo Moure, percorreron os parques máis emblemáticos no tren turístico, e coñeceron de preto a Catedral, a praza do obradoiro e praterías.

Esta saída está enmarcada dentro do PLAN PROXECTA "VEO, VEO XACOBEO". 

OS NENOS DE 4 ANOS

OS NEN@S DE 5 ANOS B

OS NEN@S DE 5 ANOS A

 

XII CARREIRA POLAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres participamos  na "XII CARREIRA ESCOLAR POLAS LETRAS GALEGAS" organizada polo concello Vilalba. Foi unha xornada moi intensa na que corremos, bailamos e cantamos grazas ao concerto de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. 

CANTACONTOS CON MIGALLAS

Este venres conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na compaña da xenial diversión do GRUPO DE TEATRO MIGALLAS. Co seu álbum "CANTACONTOS" os contos, tradicionais ou de creación propia, son amenizados con  cancións, música e baile.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano adícase O DÍA DAS LETRAS GALEGAS a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁNavogado e poeta galego, nado en 1903 e finado en 1987. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido