EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe conmemoramos

O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACION DO AUTISMO,

baixo o lema "UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA". Cada nen@ do cole quixo reflexar que é o que lle fai sentir máis felicidade? E así saltiño a saltiño, escaleira a escaleira, xuntos acaderemos a nosa meta!!!.

A CARAPUCHIÑA VERMELLA

As profes Claudia, Belen e Noelia deron vida aos personaxes da CARAPUCHIÑA VERMELLA  cun fermoso teatriño de monicreques.

OS NOSOS CONTOS

Estamos totalmente inmersos no mundo de Carapuchiña Vermella, Os Tres Porquiños, Peter Pan, Brancaneves e Aladino.

 

 

TESOUROS DO CAMIÑO

Nestes días de Entroido tivemos unha actividade con Monicreques que viviron diferentes aventuras ao longo do camiño de Santiago. Este teatriño está enmarcando dentro do programa do PLAN PROXECTA VEO VEO XACOBEO, no que participa o noso cole.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 

NORMATIVA 

O proceso de admisión está regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO

  • 4º Infantil (3 anos): 50 prazas (6 para alumnado con NEAE).

  • 5º Infantil (4 anos): 19 prazas.

  • 6º Infantil (5 anos): 34 prazas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 21 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Solicitude de admisión (modelo ED550B) en impreso que facilita o centro ou a través da aplicación "admisiónalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno/a.

  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

  • Fotocopia do DNI da nai e pai ou titor/a legal.

  • Fotocopia do DNI do alumno/a, en caso de telo.

  • Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio dos membros da unidade familiar.

  • 2 fotografías tamaño carné.

  • Permiso para actividades complemetarias e extraescolares.

  • Cuestionario sobre a lingua materna.

  • Opción sobre o ensino de relixión.

  • Autorización uso da imaxe.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN 

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de marzo.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.

  • Publicación das listaxes definitivas : antes do 15 de maio.

  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro educativo no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade.

  • O alumnado que xa está escolarizado no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, o centro de orixe.

  • No caso de que exista máis demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITDOS 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido

 

listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño

IMOS DE COMPARSA

HOXE VENRES A NOSA COMPARSA "ÉRASE UNHA VEZ..." DESFILARÁ POLAS RÚAS DA VILA.

SAIRÁ DO COLE ENTRE ÁS 12:00-12:30.

PERCORREREMOS A AVD/ DE GALICIA-PRAZA DA CONSTITUCIÓN-AUDITORIO.

A CARAPUCHIÑA VERMELLA E O LOBO(3 ANOS)

 OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO

 PETER PAN E CAMPANIÑA(4 ANOS)

 BRANCANEVES E O ANANIÑOS (5 ANOS)

 ALADINO E JASMÍN

PARA COLLER FORZAS ANTES DE SAÍR EN COMPARSA, FIXEMOS UNHA MERENDOLA DE ENTROIDO CON BOLIÑOS E FILLOAS. MOITAS GRAZAS A NOSA ANPA POR DELEITAR AS NOSOS PALADARES.

 

ALGO NA CABEZA

Na cabeza ou nos pés todo nos queda ben!!!.

 

SOMOS CHIC@S ELEGANTES

HOXE LUCIMOS ELEGANTES CON COLARES, GRABATAS, PAXARIÑAS, FULARES,...

 

ROSALÍA DE CASTRO

HOXE 23 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 

COCIÑEIROS

Con delantal ou sen el, as verdadeiras estrelas michelín, somos nós!!!.

 

Distribuir contido