Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro, para o curso 22-23, foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:
- 4º Infantil (3 anos): 38 solicitudes para 50 prazas vacantes.
- 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 19 prazas vacantes.
- 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.
A listaxe definitiva de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Lembramos que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro.