Skip to Content

Listas provisionais de admitidos/as ao comedor escolar 2024/2025

 

Seguindo a “Instrución 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024 / 2025”, establécense as listas provisionais de admitidos para o vindeiro curso, coa orde de preferencia que establece o punto 6. Selección e admisión de usuarios.

En base ao anterior, resulta establecer o seguinte:

TODO aquel usuario/a que solicitou o comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2024/2025 está admitido/a.

En conformidade coa Lei de Protección de datos, poderase consultar o listado, cos nomes e apelidos, no taboleiro interior da escola.

 

 



blog | by Dr. Radut