Skip to Content

Programa de control de esfínteres

 

Libros de texto 24/25

Podcast refraneiro e trabalinguas

Dende a escola Vila Laura, rematando o curso escolar o alumnado coa colaboración das familias fixeron unha recopilación de refráns, ditos, trabalinguas e poesías da nosa tradición popular que recollen neste podcast. Aproveitamos para agradecer as familias a sua implicación nesta actividade.

  

 
 
A aula de Xoaniñas coa colaboración das familias recolleu estas retahilas e trabalinguas nuns libros que mostramos na seguinte imaxen

Imaxes elexidas para a participación no certame de Patrimonio

 

 

 

 
 
 
 
 

Solicitude de comedor escolar 2024/2025

Publicadas as instrucións 2/2024, de xestión de comedores para o vindeiro curso escolar 2024/2025, xa podedes solicitar o comedor escolar do próximo curso para o voso fillo/a.

 

Para iso, tendes que descargar a SOLICITUDE (premer aquí) e o ANEXO-I de autodeclaración (premer aqui), e entregar ambos cubertos na escola como data límite o martes 2 de xullo de 2024.

Podedes envialo tamén por correo co asunto "solicitude comedor 24-25 +nome do neno/a".

 

Toda solicitude entregada despois da data límite quedará incluida na lista de reserva.

O xoves 4 de xullo publicaranse as listas provisionais de admitidos ao comedor escolar xunto coas listas de reserva, e o venres 12 de xullo publicaranse as listas definitivas.

 

Tamén podedes recoller os impresos para cubrir na Secretaría da escola.

Imaxes do patrimonio

Co motivo da participación no 7º Certamen da recollida de Imaxes do Patrimonio galego-portugüés, realizouse una Exposición na Biblioteca do centro.
Queremos agradecer ás familias a súa implicación xa que sen a súa participación esta actividade non sería posible, e pedimos tamén desculpas por non poder amosar todas e cada unha das imaxes recollidas.

Convidámosvos a visitar a Exposición e a ver unha pequena mostra da mesma no vídeo que amosamos a continuación.

Graduación 6º Infantil

ENQUISA: Valoración do Equipo directivo por parte das familias.

Na búsqueda da mellora educativa, e co obxectivo de promover un centro activo no que se fomente a participación dos diferentes sectores da nosa comunidade educativa, dentro da liña de actuación "Participación das familias na avaliación e mellora do centro escolar", solicitámosvos que dediquedes un anaco do voso tempo a cubrir esta enquisa que vos ofrecemos, valorando ao novo Equipo Directivo durante este primeiro curso escolar.

Grazas pola vosa colaboración.

ENQUISA, PREMER AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut