RESERVA DE PRAZA CURSO 2021/22

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2021/2022 será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Lembrar que aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI de Verducedo son o CEIP de Reibón e o CEIP de Seara.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores - ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación admisionalumnado, no menú

Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action

Esta solicitude deberase presentar na escola de Verducedo ou en calquera das administracións públicas competentes, incluíndo a SEDE ELECTRÓNICA (canle preferible de presentación), para o que se precisará ter a Chave365 ou o certificado dixital.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

 

AnexoTamaño
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB
ED550A-C_2021_2022.pdf1.33 MB

Back to top