Neste apartado iremos subindo as actividades ou tarefas que iremos propoñendo en caso de confinamento, individual, total ou parcial da aula ou do centro.

Proxecto da Fundación Meniños que ten como obxectivo estimular a adquisición e perfeccionamento de habilidades emocionais entre o alumnado participante, coa dobre finalidade de favorecer o seu desenvolvemento integral a nivel personal e previr a aparición de condutas negativas.

A viaxe ao reino das emocións non é nin máis nin menos que a marabillosa viaxe da vida, unha viaxe de aprendizaxe. Nesta viaxe ás persoas adultas correspóndenos coidar, estimular e acompañar aos nosos neno/as procurándolles as mellores condicións posibles para que ese percorrido sexa un lugar de crecemento positivo.