O vindeiro sábado 29 de xaneiro teremos a segunda sesión de Escola de Familias Online. Temos a enorme sorte de poder contar con Laura Estremera, autora dos libros CRIANDO e SER NIÑOS ACOMPAÑADOS. Non faltedes!
Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza para o noso Centro adscrito: CEP Santa Tegra (alumnado de 6º Infantil que pasa a 1º de Primaria no curso 2022/2023).
O vindeiro XOVES 2 DE DECEMBRO temos a primeira sesión de Escola de Familias Online deste curso, da man de Rocío Álvarez, de Escuela de Emociones: "ACOMPAÑAR EMOCIÓNS, LÍMITES E CONFLITOS" (de 16:30 a 18:00).
Para inscribirvos, tedes que enviar un correo electrónico a eei.montedaguia@edu.xunta.gal e vos enviaremos o enlace para a conexión.
O vindeiro mércores día 24 levaranse a cabo as eleccións da persoa representante do sector familias no Consello Escolar. No arquivo adxunto podedes resolver algunhas dúbidas ao respecto.
Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, próximamente comezará o proceso de renovación dalgúns membros do Consello Escolar.