Novos prazos do proceso de admisión do alumnado

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do 5 de maio

 

Esta mañá publícase no DOGA o ACORDO SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021, que establece o seguinte:

 

- Considérase necesario poder restablecer o prazo de presentación de solicitudes do proceso de admisión de alumnado, modificando e axustando as datas e asignando as competencias das comisións de escolarización aos servizos territoriais de Inspección Educativa.

 

- Garántese que o alumnado teña asignada a praza no centro que lle corresponda e poida formalizar a súa matrícula dentro do periódo ordinario anual que establece a normativa reguladora.

 

 

NOVOS PRAZOS DO PROCESO

 

 

- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.

- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO: ata o 26 de maio.

- PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: antes do 9 de xuño.

- RECLAMACIÓNS CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS: no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS: ata o 26 de xuño.

- FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo.

 

PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DO CENTRO PARA A RECEPCIÓN DAS SOLICITUDES E DA DOCUMENTACIÓN, PRÉGASE SOLICITUDE DE CITA PREVIA NO TELÉFONO 886.120.960

 

ACCESO AO DOCUMENTO COMPLETO PUBLICADO NO DOGA