Ola amigos e amigas, hoxe tráigovos un conto que temos na nosa bilblioteca e seguro que algún/a levouno para a súa casa "ORELLAS DE BOLBORETA".
É a historia de Mara, unha nena que emprega a súa imaxinación para facer fronte as burlas dos seus compañeiros.
Un relato importante para aprender a ser tolerantes e aceptarnos a nós mesmos.
Pincha na imaxe para ver o conto.
A miña proposta é debuxarnos e facer un globo onde escribamos algunha das nosas cualidades. Por último decoraremos o traballo ó noso gusto .
Alba, a fada que nos libros anda