Bos días familias:
Hoxe quero aproveitar para recordarvos unha actividade conxunta que temos con outras escolas o co grupo de música de Uxía Lambona.
A proposta é:
1. Imos escoitar o video de Uxía Lambona
2. Podes bailar ao ritmo da múscia, xunto coa túa familia, grabalo e envialo ó correo da escola, apra crear cos demais compañeiros/as unha nova peza musical.
3. Podes aprender un pouco da letra (unha liña, unha estrofa , o estribillo) grábate cantando e mándao o correo da escola. Pode ser un video ou un audio.
4. Se os adultos queren aparecer no video xunto co seu fillo/a deberedes enviar firmada esta autorización, ou o texto escrito por vós o correo da escola, onde nos autoricedes a reproducción da vosa imaxe.
Pronto os deixarei ver as propostas dos outros coles .
Polo de agora aquí tedes a letra por se queredes aprendela.
Un bico moi forte e ánimo con esta actividade.
A Fada do Alba que nos libros anda.
Anexo | Tamaño |
---|---|
PRESENTACION DEREITOS E DEBERES DOS MENORES DE IDADE - FERNANDO RUA.pdf | 81.15 KB |
Verdescente.pdf | 28.66 KB |