RICARDO CARVALHO CALERO
O escritor Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910.
Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Tivo cinco irmáns máis.
De pequeno estudou en Ferrol, nunha escola da rúa Magdalena, a rentes da súa casa, e nun colexio dirixido polo escritor Manuel Comellas.
Ao acabar o bacharelato marchou á universidade de Compostela. Escribiu en moitas revistas galegas e sempre defendendo o idioma e a cultura galega: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios...
Tamén é autor de moitos libros de poemas, teatro, relatos... entre os que hai que salientar A xente da Barreira e Scórpio. As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia.
Foi profesor do instituto Rosalía de Castro de Santiago, e o primeiro catedrático de Lingua Galega da universidade.
Tamén foi membro da Real Academia Galega (RAG) e o seu discurso de ingreso foi sobre a poetisa galega Rosalía de Castro.
Este ano a RAG dedícalle o Día das Letras Galegas pola súa defensa do idioma galego e da súa cultura.
Agora que sabedes un pouco da vida de Ricardo Carvalho Calero, podedes xogar un pouquiño con estas actividades.
Agora toca por a proba os coñecementos da túa familia, xogando todos xuntos aos dardos, pincha no seguinte enlace.
Desfrutade do Día das Letras Galegas
A Fada que nos libros anda