Ola amiguiñ@s: esta tarde quero compartir convosco a iniciativa do Salón do Libro de Ponevedra que debido á corentena, decidiron seguir a celebralo dende o salón das casas dos escritor@s, ilustrador@s, music@s e outros artistas que participaban nesta XXI edición.
Se pinchades na imaxe entraredes no Salón Virtual e atoparedes contos, cancións, actuacións,.. e ata receitas
e como din na súa páxina que non nos falte a saúde pero tampouco a risa, o humor e o amor...
Coidádevos, quedade na casa.
A Fada Alba, que nos libros anda.