Carpeta de libro
Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da Biblioteca da Fada do Alba.
Imos recordar en que consiste esta actividade semanal:
Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste.
Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:
O libro, conto ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro.
O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca.
Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes... e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula.
Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura