DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o nacemento da escritora Rosalía de Castro, e seguindo o ronsel dos seus versos:

"Has de cantar,

meniña gaiteira,

has de cantar"

e a proposta da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega" este ano no Monte do Alba, cantamos, bailamos, ó estilo do grupo Lelli Kellies, convertendo o cole nun galiñeiro e nós mesm@s en galiñas...

Que bonitos quedaron os nosos  disfraces.

Tamén vimos un vídeo sobre a vida e obra de Rosalía.


Esta semana, na biblioteca, fixemos unha flor e a fada Alba, a fada que nos libros anda, deixounos un conto como agasallo.

  

 No día de Rosalía, un libro e unha flor.

E despois, no patio, xogamos co vento que parecía dicir mrntres zoaba;

"isca d´aí, galiña maldita, isca d´ai, non me mórdala pita,

"isca d´aí, galiña ladroa,isca d´aí pra cas´da túa dona"