2 de decembro: nova actividade da árbore de nadal

Hoxe na árbore de nadal, temos unha actividade na biblioteca con sorpresa: lectura dun conto de nadal, facer un agasallo para os avós e as avoas e probar turrón de nadal (duro e brando). 

     

 O conto que escoitamos titúlase:

O RENO DE NADAL.

Lucía a súa protagonista, escoita un tilín tilín...colle o abrigo e  o trineo e decide investigar...

 Despois da lectura do conto, puxemos todo o noso empeño en facer unha decoración de reno para adornar a árbore de Nadal , este agasallo será entregado no centro de Día de Maiores do Parque Tecnolóxico e no Centro D´Alba na Garrida.

 

 

 

 

 

E por ÚLTIMO, a recompensa dun traballo ben feito ... probamos o turrón que nos deixou a Fada.