Skip to Content

Plan de Igualdade

Plan de Igualdade no arquivo adxunto.

Programacións 24/25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

PROCESO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO

COMO REALIZAR O  PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:

  1. De xeito presencial: AQUÍ atoparás a solicitude de admisión que deberá ser entregada na EEI do Gaioso do 1 ao 20 de marzo de 2024, xunto coa restante documentación precisa.
  2. De xeito electrónico: AQUÍ poderás realizar o trámite.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO (LAMAS DE ABADE)

O alumnado de 6º de Educación Infantil que desexe reservar praza no seu centro adscrito de primaria (CEIP LAMAS DE ABADE), ten de prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para realizar dita solicitude.

Poderá realizala das seguintes maneiras:

  • Telemáticamente mediante a aplicación admisionalumnado
  • Descargar o formulario que adxuntamos AQUÍ e entregalo no EEI do GAIOSO
  • Cubrindo o formulario que lles será entregado polas mestra/titora e entregándoo na EEI do GAIOSO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: VEN A COÑECERNOS!

 

Precisamos alumnado para que non nos pechen!  Sería unha mágoa perder unha escola rural que leva en pé desde 1808. Estamos a tan só 10 minutos de Santiago, contacta con nós e ven a coñecernos!

FROITIÑAS DA NOSA HORTA

Que privilexio poder comer os mirabeles do noso patio. Os observamos, os vimos medrar, saír a flor, cambiar ao froito, madurar... os recollimos, os contamos, os repartimos equitativamente, e por suposto os saboreamos, están doces, ás veces un pelín ácedos... CANTO NOS ENSINA O NOSO PATIO!

ESTUDAMOS AS FLORES

LIGADO AO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EN TORNO Á PRIMAVERA, XURDIRON VARIAS DÚBIDAS... CÓMO SE CHAMA ÉSTA PARTE DAS FLORES? TODAS AS TEÑEN? PORQUÉ CERCEN? O QUE DOU LUGAR Á CREACIÓN DUN LAPBOOK CO QUE QUEDAMOS MOOI ORGULLOSOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

NON QUEREMOS QUE NOS PECHEN!

NON AO PECHE DAS ESCOLAS UNITARIAS! Remata o curso, e coma tódolos anos, as emocións e os nervios percorren o noso corpo dende a punta dos pes ata a cabeza facéndonos tremelicar e enchendo a carúncula de bágoas que non poden saír, ao menos mentres teñamos espectadores. Este ano, máis ca nunca, as nosas emocións se acentúan e se escurecen pola incerteza e o medo. A nosa escoliña pecha, si, coma tantas outras estes derradeiros anos, pero non por iso nos sentimos máis reconfortados. Non entendemos como é posible...

Benvido verán!

Achégase o verán e no Gaioso sabemos disfrutalo!

Distribuir contido


by Dr. Radut