Acividades
Halloween
Para festexar Halloween lemos diferentes historias e bailamos algunha que outra canción. Trala lectura do conto “Little cloud” decidimos que podiamos facer a nosa pantasma de algodón semellando unha nube. En pequeno grupos xogamos co vocabulario das cancións de Halloween para completar as nosas “Hunted houses”.
Por outro lado, a nosa auxiliar de conversa contounos un conto chamado “What’s in the witch’s kitchen?”. Aprendemos vocabulario e pásamolo moi ben!
The colour monster
A través do conto “The colour monster” traballamos as emocións e cores. Fixemos os nosos propios “monsters” e logo explicamos aos compañeiros as cores do mesmo e como se sentía.
Por outro lado, relacionamos este conto coa música e o noso proxecto de plurinfantil “Music around the world”. Decoramos “big monsters” con diferentes tipos de liñas. Cadaquén escolleu libremente que monstruo decorar según o que sentimento que lle transmitía a música escoitada no momento.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »