Departamento de Orientación
NOVA PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
As actividades tamén as podedes atopar na páxina de recursos elaborada por este DO:
A 1º actividade no seguinte enlace:
https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/página-principal/infantil
A 2º actividade no seguinte enlace:
https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/página-principal/familias?authuser=0
A TARTARUGA MANUELITA
Se pinchas na imaxe podes escoitar o conto. PRESTA MOITA ATENCIÓN!!
https://drive.google.com/open?id=1hG6N6UCi-kHonoGb86BgWfI6nYUyUzCm
Todos sentimos ira algunha vez: a ira é unha emoción básica esencial, que todos sentimos. Non é malo sentir rabia, pero si debemos aprender a xestionar esta emoción para que non chegue a dominarnos. Os nenos, que non saben moi ben por que senten así, poden aprender a xestionar esta emoción coa nosa axuda.
Como desfacerse da ira?.Quizais se escoitas o conto da TARTARUGA MANUELITA poderás aplicar os seus sabios consellos e SENTIRTE MELLOR!!
CANDO VEXAS QUE A RABIA SUBE PODES APLICAR O TRUCO DA TARTARUGA MANUELITA!!!
PARA AS FAMILIAS!- PODEMOS REFLEXIONAR XUNT@S!!
PINCHA NA IMAXE
Non hai unha verdade absoluta, nin unha soa forma de actuar. Esta é precisamente a mensaxe da curta titulada A CloudyLesson. Un fill@ non é unha fotocopia en escala pequena do noso ser, nin un espello da nosa personalidade e modo de pensar.
PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PROPOSTA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
A nosa proposta vai dirixida non so aos nenos e nenas senón tamén ás familias, por iso ides atopar, de aquí en diante, unha proposta para nenas e nenos, unha propostas para familias , e unha proposta de carácter xeral que parte de PT (pedagoxía terapeútica)
ESTA É PARA VÓS, NENAS E NENOS!!!!
A BONECA MÁXICA
Pincha na imaxe e verás
VISTES? GUSTOUVOS?
AGORA IMOS PLANTEXAR DOUS RETOS:
1º RETO: XOGAMOS CON PAPÁ E MAMÁ, OU CO MEU IRMÁN , OU CO MEU AVÓ OU AVOA, E FACEMOS A PREGUNTA:
Se tiveses unha boneca máxica, que lle pedirías?
Mamá/papá… ou quen xogue contigo podería grabar unha nota de voz e mándalo ( se queredes facelo podedes facermo chegar ao correo: orientamaestuvarela@gmail.com), podemos montar despois un vídeo conxunto con imaxes dos nosos desexos)
2º RETO: AGORA TOCA XOGAR: FACEMOS UN PUZZLE??
SE PINCHAS NA IMAXE PODERÁS FACELO.
NIVEL 0:
NIVEL 1:
AGARDAMOS QUE VOS RESULTE DIVERTIDO!!!!!! ATA A SEMANA !!!!
ESTA É PARA VÓS FAMILIAS!!!
https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/página-principal/familias?authuser=0
Que tal familias? Como andades?
Bueno pois neste tempo quero mandarvos o enlace a un conto da man dunha especialista en Intelixencia Emocional. Neste momento máis que nunca precisamos de grandes doses de paciencia, de grandes doses de entusiasmo e tamén de seguridade, dándolles a confianza necesaria para seguir adiante!!!
Para iso precisamos de persoas con grandes doses de Intelixencia emocional. Agardo que disfrutedes deste conto para vós!!!!
Se pinchas na imaxe poderás escoitalo:
A PROPOSTA DA PROFE MENCHU!!
Imos ver como funciona a nosa “tele”. Lembrades que o noso cerebro ás veces funciona como se fose unha tele?
Se non o lembras podes ver este vídeo que che recordará como funcionamos cando o facemos empregando a tele. Pincha na imaxe e verás:
Agora PON A PROBA COMO FUNCIONA A TÚA TELE??
Toca facer un MEMORY
Pincha na imaxe
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
NINGUÉN É EXPERTO EN RESOLUCIÓN DE SITUAIÓNS COMO ESTAS PERO SABEMOS QUE TEMOS BOAS INTENCIÓNS ,SOBRE TODO A DE AXUDAR A PASAR O TEMPO DUNHA FORMA CANDO MENOS QUE SIRVA PARA "APRENDER" POR ISO PREPARAMOS ESTA PÁXINA QUE RECOLLE RECURSOS PARA AS FAMILIAS , PARA O ALUMNADO E TAMÉN PARA AQUELES NENOS E NENAS QUE TEÑEN MÁIS DIFICULTADES , ALGÚNS VIDEOS PARA AS FAMILIAS ( QUE PRETENDEN SUBSTITUÍR Á ESCOLA DE FAMILIA) E TAMÉN UNS CORTOS DE VALORES DE MELLORA DA CONVIVENCIA QUE VOS PERMITAN REFLEXIONAR XUNTOS .
DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ,ACHEGAMOS ESTA PÁXINA DE RECURSOS:
https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/
UN SAÚDO.