DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
QUERIDAS FAMILIAS,
O VINDEIRO 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .
APROVEITANDO QUE AO LONGO DESTE CURSO IMOS TRABALLAR A CULTURA POPULAR, GUSTARÍANOS LEVAR A CABO UNHA ACTIVIDADE PARA A CAL NECESITAMOS DA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN.
IMOS TRABALLAR COAS ADIVIÑAS....
COA AXUDA DE AVÓS ,AVOAS,TÍOS ,TÍAS ,BISAVÓS,PAIS,NAIS ,.....TEÑEN QUE PENSAR NUNHA ADIVIÑA.
UNHA VEZ QUE SABEN A ADIVIÑA ,HAI QUE ESCRIBILA NUN PAPEL E DECORALA. PARA DECORALA UTILIZADE A IMAXINACIÓN E PODEDES FACELO DO XEITO QUE MÁIS VOS GUSTE: facer un collage,facer un debuxo,poñerlle un marco,....
CANDO XA TEÑADES O VOSO TRABALLO SUPER CHULO , O ÚLTIMO PASO..... SACARLLE UNHA FOTO E MANDALA POR CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DO COLE. eei.fernandez.varela@edu.xunta.es
AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS .
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
UN SAÚDO