O CORPO HUMANO

 

ACTIVIDADE 7 DE CIENCIAS:O CORPO HUMANO

ESTA SEMANA COMEZAMOS UNHA NOVA INVESTIGACIÓN QUE DE SEGURO É DO INTERESE DOS PEQUES. O ESTUDO DO CORPO HUMANO.

ASÍ POIS, COMEZAREMOS POLA CREACIÓN DUNHA MESA OU LUGAR DE OBSERVACIÓN SOBRE ESTE TEMA. BUSCAMOS UN LUGAR AO SEU ALCANCE, DENTRO DA SÚA HABITACIÓN OU DA HABITACIÓN ONDE XOGUEN, E COLOCAMOS LIBROS E XOGOS RELACIONADOS CON ESTE TEMA. É MOI PROBABLE QUE TEÑAN ALGÚN MATERIAL RELACIONADO CO TEMA, DE NON SER ASÍ, IRÉMOLO CREANDO E COLOCANDO NESTE LUGAR.

A CONTINUACIÓN, MOSTRAMOS ALGÚNS LIBROS QUE PODEN SER INTERESANTES PARA ACOMPAÑAR ESTE TRABALLO, PERO PODEN SER CALQUERA OUTROS. COLOCARÉMOLOS NESA MESA DE INVESTIGACIÓN, PARA QUE OS PEQUES OS MIREN E OS MANIPULEN AO LONGO DESTE TRABALLO. 

     

 

 

ACTIVIDADE - OS SENTIDOS.

OS SENTIDOS SON O MÁIS PRÓXIMO E VISIBLE QUE TEÑEN OS PEQUES PARA INICIAR O ENTENDEMENTO DO CORPO HUMANO. DENDE OS SEUS PROPIOS SENTIDOS PODEN COMEZAR A EXPLORAR O CONTORNO E ASÍ VALORAR O IMPORTANTES QUE SON. ASÍ POIS, COMEZAMOS REALIZANDO UNHA SERIE DE EXPERIENCIAS PARA COÑECER OS NOSOS SENTIDOS.

ACIVIDADE 1-A VISTA:

-A TRAVÉS DUN ROLLO DE PAPEL DE COCIÑA OU WC MIRAMOS O MESMO OBXECTO DE PRÉTO E DE LONXE. E COMPROBAMOS A DIFERENTE PERSPECTIVA QUE NOS PERMITE A VISTA.

 

              

 

 

PODEDES APOIAR ESTA ACTIVIDADE CO SEGUINTE VÍDEO:

 

ACTIVIDADE 2- OLFATO:

-PREPARAR EN BOTES PEQUENOS DIFERENTES AROMAS. FARÉMOLO XUNTOS, PARA QUE OS NENOS/AS PERCIBAN O OLOR, E MANIPULEN ESES ELEMENTOS ANTES DE ENVASALOS. A CONTINUACIÓN, PODEMOS ETIQUETALOS, POÑENDO NA PARTE DE ABAIXO DO BOTE UNHA IMAXE PARA FACER O CONTROL DE ERRO, É DICIR, PARA QUE CANDO O ULAN SAIBAN SE ERA ESE OLOR QUE PENSABAN OU NON. TAMÉN PODEMOS POÑERLLE NA PARTE DE ABAIXO UN NÚMERO, E NUNHA FOLLA FACER A RELACIÓN DE NÚMERO CON OLOR (IMAXE), PARA QUE ELES A RELACIONEN, E FAGAN O CONTROL DE ERRO. ESTA ACTIVIDADE PODÉMOLA FACER COS OLLOS ABERTOS OU TAMÉN, COS OLLOS TAPADOS.

ALGÚNS EXEMPLOS DE COUSAS QUE PODEN OLER: LIMÓN, CANELA, ROMERO, COLACAO, CAFÉ, OUREGO, ALLO, COLONIA, … QUE SEXAN ELEMENTOS COÑECIDOS PARA ELES/AS. TAMÉN PODEMOS IR PRESENTÁNDOLLE OLORES NOVOS E IR AMPLIANDO O XOGO.

                  

 

                   

 

                  

 

 

ESTA ACTIVIDADE A PODEDES APOIAR VENDO O SEGUINTE VÍDEO:

 

ACTIVIDADE 3- O GUSTO:

PODEMOS FACER ALGO PARECIDO Á ACTIVIDADE ANTERIOR: PROBAR ALIMENTOS COS OLLOS TAPADOS E ADIVIÑAR QUE SON. ALGUNHAS IDEAS DE ALIMENTOS: MARMELADA, MAZÁ, GALLETAS, PLÁTANO, LIMÓN, … O IDEAL SERÍA PROBAR TODO TIPO DE SABORES: SALGADOS, DÓCES, AMARGOS E ÁCIDOS, E ASÍ APROBEITAR PARA TRABALLAR TAMÉN ESTES CONCEPTOS. INCLUSO PODEMOS XOGAR A, QUE UNHA VEZ PORBADOS OS ALIMENTOS, COLOCAR ENRIBA DA LINGUA O ALIMENTO ONDE LLE CORRESPONDE O SABOR, ASÍ ELES/AS VERÁN QUE PARTE DA LINGUA RECOÑECE ESE SABOR.

                        

 

ESTA ACTIVIDADE A PODEDES APOIAR VENDO O SEGUINTE VÍDEO:

 

ACTIVIDADE 4- O TACTO:

-HAI UN XOGO QUE LLES GUSTA MOITO, CHAMADO A CAIXA MÁXICA, E CONSISTE E GARDAR VARIOS OBXECTOS NUNHA BOLSA. OS PEQUES DEBEN INTRODUCIR A MAN E EXTRAER O OBXECTO QUE NÓS LLE DIGAMOS. TAMÉN PODEMOS FACELO, DE OUTRAS MANEIRAS, COMO POR EXEMPLO, ADIVIÑANDO O QUE TOCAN E DESCRIBÍNDOO, E LOGO QUITÁNDOO DA CAIXA E VENDO SE O ACERTARON.

                    

 

-OUTRA ACTIVIDADE: PODEMOS CREAR ALFOMBRAS OU TAPETES CON DIFERENTES TEXTURAS, PARA PISALAS OU TOCALAS COAS MANS, TAL E COMO PODEMOS VER NAS SEGUINTES IMAXES.

          

                       

 

                                          

 

 

PODEDES APOIAR ESTA ACTIVIDADE VENDO O SEGUINTE VÍDEO:

ACTIVIDADE 5- O OÍDO

HAI MOITAS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER PARA TRABALLAR O OÍDO. POR EXEMPLO, O XOGO DO SILENCIO É FANTÁSTICO. PODEMOS QUEDAR EN SILENCIO E INTENTAR IDENTIFICAR TODOS OS SONS QUE PODEMOS OÍR. PODEMOS FACER ESTE XOGO DENTRO DA CASA, E TAMÉN O PODEMOS FACER NUN PASEO QUE FAGAMOS Á PRAIA, AO MONTE, …

-TAMÉN PODEMOS POÑERLLES SONS POR TEMAS, E QUE IDENTIFIQUEN O SON NOMEANDO O ANIMAL, OBXECTO, INSTRUMENTO, … QUE ACABE DE SONAR.

PODEMOS APOIAR ESTAS ACTIVIDADES CON IMAXES PARA QUE OS NENOS/AS FAGAN UNHA ASOCIACIÓN VISUAL AO MESMO TEMPO.

 

 

 

-PODEDES ATOPAR IMPRIMIBLES E MÁIS IDEAS NA SEGUINTE DIRECCIÓN:

http://montessoriconmispeques.com/montessori/2016/10/24/el-juego-de-los-sonidos-pdf-descargable-gratis/

-TAMÉN PODEDES APOIAR ESTA ACTIVIDADE CO SEGUINTE VÍDEO:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer