OS CONTINENTES

 

 

ACTIVIDADE 5: OS CONTINENTES

 

OS SENTIDOS SON FUNDAMENTAIS PARA O ENTENDEMENTO DO CONTORNO E A APRENDIZAXE DO SER HUMANO. A MAXIA DOS SENTIDOS É A APOSTA POR UN MODELO EDUCATIVO DE APRENDIZAXE DINÁMICA, PLACENTERA, PRÓXIMA, DE EXPERIMENTACIÓN, …

 

ASÍ POIS, NESTA ACTIVIDADE PROPOÑEMOS A REALIZACIÓN DUN MAPAMUNDI POR PEZAS. DE MANEIRA QUE POIDAMOS XOGAR CON EL DE DIFERENTES MANEIRAS.

 

1-ACTIVIDADE: PREPARAR O MAPAMUNDI.

 

PODEMOS FACER ESTA ACTIVIDADE DE DIFERENTES MANEIRAS E UTILIZANDO DIFERENTES MATERIAIS. DENDE AQUÍ PROPOÑEMOS FACELO CON CARTÓN OU CON FELTRO.

 

-NO CASO DE FACELO CON CARTÓN: PINTAREMOS A BASE DE COR AZUL CO FIN DE QUE FAGA DE OCÉANO, E PINTAREMOS CADA CONTINENTE DA COR INDICADA.

 

-NO CASO DE FACELO CON FELTRO: PRECISAMOS DUNHA BASE GRANDE DE TELA AZUL, IGUALMENTE, PARA QUE FAGA DE OCÉANO E: ¼ DE FELTRO DE COR: NARANXA, ROSA, VERDE, VERMELLO, AMARELO, MARRÓN E BRANCO.

 

-A CONTINUACIÓN, PODEMOS VER OU IMPRIMIR AS SILUETAS QUE APARECEN, POR EXEMPLO, NA SEGUINTE DIRECCIÓN: https://www.imagineourlife.com/patterns/Pattern-WorldMap.pdf

 

                       

 

                    

 

RELACIÓN DE COR POR CONTINENTE: AMÉRICA DO NORTE: NARANXA; AMÉRICA DO SUR: ROSA, EUROPA: VERMELLO; ASIA: AMARELO; ÁFRICA: VERDE; OCEANÍA: MARRÓN E ANTÁRTIDA: BRANCO.

 

NESTE ENLACE PODEDES VER OUTRA MANEIRA DE CREAR O MAPA DOS CONTINENTES DE MANEIRA MOI SINXELA: https://tigriteando.com/mapamundi-montessori-diy/

 

 

 

2- ACTIVIDADE: PREPARAR OUTROS MATERIAIS.PODEMOS COMPLETAR ESTE MATERIAL CON DIVERSAS INVESTIGACIÓNS E BÚSQUEDAS. NESTA OCASIÓN CREAREMOS AS TARXETAS DOS CONTINENTES.

 

-PODEMOS BUSCAR AS TARXETAS DOS CONTINENTES, IMPRIMILAS OU DEBUXALAS E PINTALAS, CREANDO UNHAS TARXETAS ONDE APAREZA A SILUETA DO CONTINENTE E O NOME: https://mimontessori.org/2016/07/15/continentes/

 

                        

 

-ESTA ACTIVIDADE A PODEMOS REFORZAR CO SEGUINTE VÍDEO: https://www.youtube.com/watch?v=6cXUG54e8zU

-E, CO FIN DE COMEZAR A ORGANIZAR ESTE NOVO MATERIAL, PODEMOS CLASIFICAR OS MATERIAIS POR CONTINENTES. UN EXEMPLO DE CLASIFICACIÓN, PODE SER COMO O QUE APARECE NA IMAXE. PERO TAMÉN O PODEMOS FACER CON CAIXAS DE ZAPATOS, CESTOS, ETC.

 

 

                      

 

 

                  

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer